Facer apoloxía do franquismo é un "chiste", para Feijóo

Sería inconcebíbel que un dirixente da CDU, o partido que acaba de gañar as eleccións alemás, dixese dun seu correlixionario que facer apoloxía de Hitler é un chiste.

Núñez Feijóo
photo_camera Núñez Feijóo, nun acto do PP

"Os chistes e a política non son compatíbeis. Os chistes deben ficar para a intimidade". Esta é literalmente a resposta que deu Feijóo a unha cuestión relativa ás louvanzas deitadas á ditadura de Franco por parte do alcalde de Beade, o conservador Senén Pousa.

O argumento da intimidade empregouno tamén Feijóo no seu momento para se referir ás súas relacións co narcotraficante Marcial Dorado.

Vaise sancionar ao alcalde filofranquista do PP? A resposta é que non, esclareceu Feijóo. Non haberá ningunha sanción "por respeito á maioría absoluta dos votantes" que levaron a Senén Pousa á alcaldía.

Non hai sanción para os devotos da ditadura franquista, mais si míseis contra o nacionalismo galego, ao que agasallou con tres adxectivos: "Reactivo, rosmón e autárquico".

Comentarios