Persoas expertas demandan despenalizar de forma íntegra o aborto en Alemaña

Comisión independente designada polo Goberno
O chanceler alemán Olaf Scholz, a segunda feira nunha visita á China. (Foto: Michael Kappeler / DPA)
photo_camera O chanceler alemán Olaf Scholz, a segunda feira nunha visita á China. (Foto: Michael Kappeler / DPA vía Europa Press)

Unha comisión independente conformada por persoas expertas designadas polo Executivo alemán dirixido por Olaf Scholz emitiu a segunda feira un informe no que recomenda legalizar o aborto no país nas 12 primeiras semanas de embarazo.

Aínda que o aborto é ilegal, non é puníbel no caso de que a muller reciba un asesoramento obrigatorio e agarde tres días antes de levalo a cabo con certos límites temporais, o que leva múltiples mulleres alemás a viaxar a países veciños para o procedemento.

Nese sentido, e malia que a persecución legal contra as mulleres que abortan é pouco frecuente, as expertas inciden en que a “ilegalidade fundamental do aborto nas primeiras etapas do embarazo non é sostíbel” e criminaliza as mulleres, polo que non é compatíbel cos 
estándares internacionais.

Unha posíbel mudanza na norma, acordada no Goberno de coalición entre o Partido Socialdemócrata de Scholz, liberais e ecoloxistas, foi rexeitada pola conservadora Unión Demócrata Cristiá, e a extrema dereita de Alternativa para Alemaña reclamou restrinxir os abortos no país.

Comentarios