A primeira volta das eleccións rexionais francesas que decorreu este domingo –segunda volta será o 27 deste mes- estivo marcada pola abstención, 67%, 17 puntos máis que nas rexionais de 2015. A suma de votos a nivel estatal deixa como as tres forzas máis votadas o centro dereita de La Republique En Marche de Emmanuel Macron, a extrema dereita do RN de Marine Le Pen, e os socialistas.
Mais as votacións do domingo deixan un mapa ben diferente dunhas rexións a outras, nomeadamente naquelas onde hai forzas propias que reclaman o autogoberno dos seus territorios. Tres exemplos: Bretaña, Iparralde e Córsega.
En Bretaña o triunfo foi para a candidatura liderada polo socialista Chesnais-Girard, con case 21% dos votos na primeira volta. A seguir figura a candidata do macronismo, con 16,7% dos apoios. A lista de centro foi a terceira máis votada.
En Iparralde a esquerda abertzale é, por primeriva, segunda forza
En cuarto lugar está a candidatura conformada por diferentes organizacións, como Os verdes ou a esquerda nacionalista da UDB. Obtiveron case 15% dos votos, polo que poden pasar á segunda volta, que decorre este domingo xa que nas rexionais, a diferenza das presidencias, o corte non está nas 2 listas máis votadas senón naquelas que teñan máis de 10% dos sufraxios. O Strollad Breizh, esquerda nacionalista, apenas logrou 1,6% dos apoios nas urnas.
En Iparralde o triunfo foi para as candidaturas de centro dereita, que se impuxeron na maoiría dos cantóns da Euskal Herria ao norte dos Pirineos. Porén, a cita do domingo deixou un feito histórico: a esquerda abertzale logrou ser segunda forza.
EH Bai logra así confirmar o avance que aos poucos vai logrando neste territorio. De feito, e embora que a abstención foi de 62% en Iparralde, as súas listas sumaron case 5.000 votos máis que en 2015, cando a participación fora maior.
En Córsega, das 5 listas máis votadas, só unha - que ficpu segunda- é dunha organziación de obediencia estatal
Ademais, a extrema dereita obtivo en Euskadi norte os seus peores resultados no Estado francés, o que xa vén sendo unha tradición electoral.
Por último, en Córsega o nacionalismo volveu gañar as eleccións. As catro listas que concorreron a estes comicios suman case 55% dos votos e unha delas, a Femu a Corsica. Foi a máis votada, con 21% dos sufraxios.
En segundo lugar situáronse os macronistas (24%) e o terceiro posto foi para o PNC, esquerda nacionalista, con 13% dos votos. O cuarto vai para o soberanismo de Core in Fronte, con case 9% de apoios e a lista independentista de Corsica Libera logrou 7,3% dos apoios. Entre as 5 candidaturas máis votadas só unha (a de Marcangeli por La Republique En Marche) corresponde a unha forza de obediencia estatal.