Morre en prisión Alexei Navalni

Estaba considerado un dos principais símbolos da disidencia ao presidente Vladimir Putin e encadeaba varias causas xudiciais.
Alexei Navalny
photo_camera Alexei Navalni

Alexei Navalni, considerado por Occidente como o principal líder opositor ao presidente ruso, Vladimir Putin, faleceu esta sexta feira nunha prisión a 1.900 km ao nordés de Moscova, no Ártico, segundo comunicaron as autoridades, que transmitiron que perdeu o coñecemento logo dun paseo e están “a determinar as causas da morte”.

En 2021 regresou a Rusia desde Alemaña, onde probas de laboratorio afirmaron que foi envelenado cun axente nervioso, do que Navalni acusou Putin após ter que ser atendido de urxencia cando viaxaba en avión sobre Siberia en 2020, algo que o Kremlin negou.

O pasado ano foi condenado a 19 anos de prisión por crear o Fondo Anticorrupción, que a Xustiza considerou unha organización extremista, mais xa estaba no cárcere desde o seu retorno acusado de violar a liberdade condicionar dunha sentenza anterior.

Comentarios