Israel iniciou unha ofensiva terrestre sobre o sur de Gaza

Lanzou máis de 400 ataques contra esa zona desde que terminou a tregua

 

Fosa común con 110 palestinas e palestinos asasinados por Israel, hoxe en Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza. (Foto: Mohammed Talatene / DPA)
photo_camera Fosa común con 110 palestinas e palestinos asasinados por Israel, no sur da Faixa de Gaza. (Foto: Mohammed Talatene / DPA)

O Exérxito de Israel confirmou este domingo o inicio da ofensiva militar terrestre sobre o sur da Faixa de Gaza. Até o de agora as forzas israelís penetraran no norte do enclave, aínda que a aviación vén bombardeando obxectivos en todo o territorio desde 7 de outubro.  O Exército israelí dixo que lanzou máis de 400 ataques contra Gaza desde a pasada sexta feira, cando rematou a tregua, e segundo as autoridades da Faixa no mínimo 700 persoas morreron só nas últimas 24 horas. 

"Interviñemos con forza e minuciosidade no norte da Faixa de Gaza e agora estamos a facer o mesmo no sur mentres seguimos profundando nos nosos éxitos no norte", sostivo o xefe do Estado Maior das Forzas Armadas israelís, Herzi Halevi. Durante un acto con militares da División de Gaza, Halevi dixo que "os comandantes de Hamas enfrontaranse ao Exército israelí en todas partes".

No outro extremo as Brigadas Al Qassam, o brazo militar de Hamas, advertiron que70% do continxente militar israelí xa se retirou do norte de Gaza, aínda que non hai confirmación por parte de Israel.

O Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, Volker Turk, sostivo que as ordes de evacuación dadas por Israel aos gazatíes implicaban que "centos de miles de persoas" estaban a ser "confinadas en zonas cada vez máis pequenas".

Osama Hamdan, un representante de Hamas residente no Líbano, denunciou que o plan israelí de atraer civís de Gaza cara ao sur era "un plan premeditado e unha trampa para cometer máis masacres contra civís desarmados e desprazados". Segundo a ONU 1,7 millóns de gazatíes, máis de dous terzos da poboación, abandonaron os seus fogares pola guerra.

A tregua dunha semana permitiu liberar 80 reféns israelís a cambio de 240 presos palestinos (menores e mulleres) que estaban en cárceres israelís. Mais esa tregua rematou e as dúas partes cúlpanse mutuamente por violar as súas condicións. Os negociadores israelís abandonaron Qatar o sábado. 

O primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, afirmou en Tel Aviv que a guerra seguirá "até que alcancemos os obxectivos", incluída a eliminación de Hamas. Netanyahu agregou que para gañar deberá continuar a campaña terrestre en Gaza .

Pola súa parte, o número dous do buró político de Hamas, Saleh al Aruri, declarou que "o prezo para pagar pola liberación dos prisioneiros sionistas será a liberación de todos os nosos prisioneiros tras un cesamento do fogo". Qatar, o pequeno país do Golfo que oficia de principal mediador entre Israel e Hamas, esixiu unha investigación internacional inmediata dos crimes de Israel no enclave palestino.

Israel prometeu eliminar Hamas e desatou unha campaña aérea e terrestre que deixou até este domingo 15.523 palestinos mortos e 41.316 feridos segundo as autoridades de Gaza.

O fiscal xefe da Corte Penal Internacional (CPI), Karim Khan, dixo que intensificará os seus esforzos á hora de investigar as denuncias por crimes de guerra por parte de Israel e Hamas, tras o final da súa visita a Israel e os territorios palestinos de Cisxordania.

"Non atopo palabras suficientes para expresar a nosa preocupación polo que estamos a ver", escribiu na rede social X o xefe da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus. Os gazatíes están sen alimento, auga e outros bens esenciais, e moitas casas están destruídas. Axencias da ONU declararon unha catástrofe humanitaria, aínda que algúns camións de axuda ingresaron o sábado ao territorio. Fadel Naim, médico xefe do hospital Al Ahli en Gaza, dixo que a morgue dese centro recibiu o sábado 30 cadáveres, incluíndo sete nenos. Por o

Comentarios