Fin da tregua en Gaza, voltan os bombardeos sobre a Faixa

O exército israelí culpa Hamás de violar o cesamento do fogo en Gaza ao lanzar un foguete.

EuropaPress_5608581_29_november_2023_palestinian_territories_beit_lahia_an_ambulance_drives
photo_camera (Foto: Europa Press)

A tregua entre Israel e Hamás en Gaza expirou ás 7 horas desta mañá (6 horas Galizar) após sete días de cesamento de fogo. O exército israelí anunciou que retoma as operacións sobre Gaza, que causaron miles de mortos desde o seu inicio en outubro, acusándo a milicia palestina de violar o cesamento do fogo co lanzamento, pouco antes de cumprirse o prazo, dun foguete contra Israel, que foi interceptado.

 Medios palestinos informan xa de explosións e ataques aéreos no norte do enclave. Horas antes, o Goberno israelí anunciara a liberación doutros seis reféns israelís, horas despois da posta en liberdade doutras dúas. Pola súa parte, Israel deixou en liberdade outros 30 presos palestinos: mulleres e menores de idade.

"Os avións de combate das Forzas de Defensa de Israel están a atacar actualmente obxectivos terroristas de Hamas na franxa", comunicou Israel a travás das redes sociais..

Qatar, o principal mediador, e Exipto -que canda os Estados Unidos completa o grupo de intermediarios- premeron durante toda a madrugada para que o cesamento de hostilidades se prorrogase, tendo como obxectivo que cando menos se estendese dous días máis, até a primeira hora do domingo, recoñeveu o Servizo de Información estatal exipcio, que afirmou que o país “seguirá facendo os seus máximos esforzos para garantir o fluxo continuo de axuda humanitaria”.

De visita en Israel esta quinta feira -onde participou na reunión do Gabinete de guerra- e na ocupada Cisxordania, o secretario de Estado estadounidense, Antony Blinken, subliñaba que a tregua está a “producir resultados”, polo que debería ser estendida, e considerou “imperativo” protexer os civís no sur de Gaza ante unha eventual ampliación da invasión israelí ao norte do territorio.

Comentarios