Israel ataca un centro de distribución de axuda de Estados Unidos en Gaza e deixa 26 mortos

As forzas israelís abriron fogo contra persoas que se dirixían a un posto de distribución de axuda humanitaria. 
Palestinos inspeccionan os cascallos dunha escola tras o atentado israelí en maio en Jabalia, no norte da Faixa de Gaza. (Foto Europa Press. Contacto.   Omar Ashtawy)
Palestinos inspeccionan os cascallos dunha escola tras o atentado israelí en maio en Jabalia, no norte da Faixa de Gaza. (Foto Europa Press. Contacto. Omar Ashtawy)

Polo menos 26 palestinos foros asasinados e outros 115 resultaron feridos a mans das forzas israelís tras abrir fogo contra persoas que se dirixían a un posto de distribución de axuda organizado pola cuestionada nova fundación humanitaria concibida por Estados Unidos de América (EUA) e Israel no oeste de Rafá, no sur da Faixa de Gaza.

A oficina do Goberno de Gaza proporcionou este domingo o seu primeiro balance oficial do incidente e alerta de que as cifras poden subir nas próximas horas.

Fontes locais apuntaban que a axencia palestina Sanad asegura que o número ascendía a 30 persoas mortas e outras 150 resultaron feridas.

Os feridos foron trasladados ao complexo médico Nasser de Jan Yunis, que se atopa un pouco máis ao norte e é un dos últimos hospitais en funcionamento do enclave palestino.

Comentarios