A guerra en Ucraína, en directo, este 14 de abril

Edificios derrubados en Chernihiv (Celestino Arce Lavin/ZUMA Press/DPA); bombeiros realizando operacións de rescate en Borodyanka (Matthew Hatcher/Zuma Press/ContactoPhoto); helicóptero de combate abatido en Havronshchyna (Sergei Chuzavkov/Zuma Press/ContactoPhoto).

Sigue a última hora con toda a información actualizada sobre a guerra en Ucraína, minuto a minuto.

🔴 [EN DIRECTO]

 Actualizar

16.00 | Arde o 'buque insignia' de Rusia no mar Negro, mais o Kremlin di que segue en pé

O Ministerio de Defensa ruso informou nesta quinta feira do incendio do 'buque insignia' do Exército no mar Negro, o 'Moskva'; un lume que xa se tería extinguido, segundo o Kremlin. Se ben foi "gravemente danado", Rusia di que "aínda frota". A axencia ucraína Ukrinform recolle que as autoridades deste país recoñecen a autoría do ataque ao barco, que tería sido alcanzado por un dos seus misís, para posteriormente envorcar e comezar afundirse.

14.20 | Quen é Viktor Medvedchuk, líder da oposición en Ucraína e empresario

O presidente Zelenski ordenou o pasado ano, cando aínda non principiara a invasión rusa, fechar oito canles de televisión da propiedade do tamén deputado opositor Taras Kozak por "difundir propaganda rusa", e posteriormente detivo Medvedchuk acusado de "alta traizón" e "saqueo de recursos" en Crimea.

11.30 | Suecia e Finlandia poderían incorporarse á OTAN este verán

A decisión podería tomarse "nas vindeiras semanas, non en meses", dixo a primeira ministra finlandesa, Sanna Marin, que por outra parte asegurou que aínda deben estudar "todas as consecuencias e riscos" a curto e longo prazo.

09.47 | Rusia reprimirá "duramente" os "intentos de ralentizar a operación militar"

O viceministro de Exteriores de Rusia, Serguéi Riabkov, afirmou esta cuarta feira en declaracións á axencia Tass que "calquera intento de ralentizar a operación militar" ou de "causar danos aos continxentes rusos e as formacións das repúblicas populares de Donetsk e Luhansk" será "duramente reprimido" desde Moscova, ao tempo que insistiu en que os transportes de armas da OTAN en solo ucraíno "son considerados obxectivos militares lexítimos".

09.30 | A ONU insiste na necesidade de deixar as armas e apostar na paz

O secretario xeral da ONU, António Guterres, reiterou a necesidade de "silenciar as armas e acelerar as negociacións de paz" entre Rusia e Ucraína, a fin de rematar coa "crise tridimensional" (alimentaria, enerxética e financeira) que está a provocar o conflito. "A guerra debe rematar, o pobo de Ucraína non pode soportar a violencia que se lle inflixe", incidiu.