A guerra en Ucraína, en directo, este 12 de marzo

Edificio bombardeado en Dnipro, barricadas en Odesa e civís ucraínos adestrando con fusís en Lviv (Fotos: Ukrinform, Nina Liashonok/Zuma Press e Alejandro Martínez Vélez/Europa Press).
photo_camera Edificio bombardeado en Dnipro, barricadas en Odesa e civís ucraínos adestrando con fusís en Lviv (Fotos: Ukrinform, Nina Liashonok/Zuma Press e Alejandro Martínez Vélez/Europa Press).

🔴 [EN DIRECTO]

 Actualizar

19:32 | PayPal anuncia que suspende os seus servizos en Rusia

PayPal decidiu suspender os seus servizos de envío e recepción de pagos en Rusia. A compañía  avanzou, a demis, que bloqueará todas as carteiras electrónicas nese país para partir do 18 de marzo, segundo un comunicado da empresa.

19:23 | Biden aproba outros 200 millóns de dólares en armas e axudas para Ucraína

Os fondos asignaranse a través da Lei de Asistencia Exterior estadounidense, segundo informou a Casa Branca. EUA xa aprobou axudas valoradas en máis de 13.000 millóns de euros segundo recolle The Guardian.

19:04 | Aterra en Ucraína o quinto avión do Exército do Aire con material ofensivo

Trátase da quinta aeronave enviada por España que leva material militar ofensivo para facer fronte á invasión por parte de Rusia. O Ministerio de Defensa non especificou o material que contiña mais sinalou que en datas moi próximas sairá outro envío co mesmo tipo de material con destino a Ucraína.

17:51 | Ucraína controla a xestión das plantas nucleares de Chernóbil e Zaporiya

Así o recoñeu Rusia ante o Organismo Nuclear da Enerxía Atómica (OIEA) ante as acusacións ucraínas de que Moscova está tentando arrebatar o control das instalacións.

O Goberno ruso insiste en que "a xestión e operación das plantas de enerxía nuclear de Chernóbil e Zaporiyia son realizadas por persoal operativo ucraíno".

16:49 | Bielorrusia envía unidades militares de substitución á fronteira sur

O xefe do Estado Maior Xeneral das Forzas Armadas de Bielorrusia, Viktor Gulevich, informou este sábado do envío de cinco grupos de batallóns tácticos á fronteira sur con Ucraína, mais insistiu en que se trata simplemente de efectivos de substitución que non cruzarán ao país veciño.

Bielorrusia asegura que non está a participar activamente na invasión rusa de Ucraína pero o presidente Lukashenko recoñeceu que forzas rusas usaron o seu territorio para disparar mísiles contra Ucraína.

16:26 | Zelenski apunta 1.300 militares ucraínos mortos durante a invasión rusa

A deste sábado foi unha das primeiras estimacións concretas proporcionadas polo presidente de Ucraína sobre o numero de baixas provocadas pola guerra. Volodomir Zelenski reiterou as estimacións de baixas rusas ofrecidas horas antes polo Estado Maior ucraíno, 12.000 militares falecidos, precisou, unha cifra non verificada por Moscova, que leva días sen actualizar os seus números.

16:05 | A ONU confirma 579 civís mortos e máis dun millar de feridos desde o inicio da guerra

Nacións Unidas confirmou este sábado 579 civís mortos, 42 menores, desde o inio da invasión rusa de Ucraína o pasado 24 de febreiro. A ONU puntualiza  que a cifra real de víctimas é maior, dada a dificultade para verificar este dato en zonas de conflicto. "A maioría de víctimas civísatribúense ao impacto de armas explosivas, como artillaría, cohetes e ataques aéreos".

15:53 | Macron e Scholz piden por teléfono a Putin un cesamento do fogo inmediato en Ucraína

Nunha coversa a tres que se prolongou durante 75 minutos, o presidente de Francia, Emmanuel Macron, e o chanceler de Alemaña, Olaf Scholz, pediron ao presidente ruso, Vladimir Putin, o inicio da búsqueda dunha solución diplomática ao conflito, mais constataron que o mandatario ruso non ten intención de "parar a guerra".

Putin instou Macron e Scholz "a que presionen as autoridades de Kíiv para que acaben as accións criminais" dos batallóns nacionalistas ucraínos, ao tempo que denunciou "numerosas violacións flagrantes dlas normas do dereito humanitario internacional polas forzas de seguridade ucraínas".

13:41 | Rusia advirte EUA que considerará "obxectivo lexítimo" calquera convoi con armas para Ucraína

"Avisámolos de que a súa operación para fornecer armas a Ucraína non só é unha decisión perigosa senón un movemento que converte os convois correspondentes en obxectivos lexítimos", declarou o viceprimeiro ministro de Rusia, Sergei Riabkov.

Ademais, o Kremlin desvincula as sanciones de Occidente da invasión: "Washington e os seus secuaces terían encontrado calquera outro motivo para aplicalas".

11:47 | 2.000 persoas maniféstanse en Melitópol para pedir a liberación do alcalde Ivan Fedorov

O rexedor, en paradoiro descoñecido desde onte á tarde, segundo denunciou o asesor do Ministerio do Interior ucraíno, Anton Gerashchenko, foi apreixado por forzas rusas que ocuparon a cidade ucraína, informa Europa Press.

Este sábado, dous milleiros de persoas saíron ás rúas da cidade para pedir ás forzas rusas que liberen o seu alcalde.

11:30 | Case 2,6 millóns de persoas fuxiron de Ucraína por mor da guerra  

O números de persoas que saíron de Ucraína desde o inicio da guerra, hai dúas semanas, é de 2,59 millóns, segundo vén de actualizar a Axencia de Nacións Unidas (ONU) para os Refuxiados (ACNUR). O organismo internacional apunta un crecemento das cifras menos acusado nas últimas horas.

Nas fronteiras amoréanse as tendas de campaña con calefacción, alimento e información legal.

10:49 | Ataques aéreos rusos destrúen unha base militar en Vasilkov e incendian un depósito de petróleo  

As Forzas Armadas de Rusia inhabilitaron con armas de alta precisión un aeródromo militar situado na cidade de Vasilkov e o principal centro de intelixencia de radio e técnica radiofónica das Forzas Armadas de Ucraína en Brovary, segundo asegurou o Ministerio de Defensa ruso.

As autoridades ucraínas confirmaron a explosión dun depósito de petróleo nese ataque aéreo sobre Vasilkov, a menos de 30 quilómetros da capital do país, coincidindo cunha avaliación do Ministerio de Defensa británico na que confirma que as tropas rusas están xa a piques de rodear a cidade, recolle Europa Press.

10:20 | Ucraína abrirá este sábado novos corredores humanitarios para evacuar a poboación

As autoridades teñen previsto abrir varias rutas humanitarias desde Kíiv e a rexión de Sumy, no nordés do país, neste caso cara á cidade ucraína de Poltava, 175 quilómetros ao sur da rexión.

Así o avanzou a viceprimeira ministra de Ucraína, Iryna Vereshchuk e o confirmou a Administración rexional de Sumy, que centra a evacuación en mulleres embarazadas, mulleres con niños, persoas maiores e persoas con discapacidade.

09:45 | A central nuclear de Chernóbil recupera a subministración eléctrica de forma parcial

A empresa enerxética ucraína Ukrenergo cominicou esta pasada sexta feira ao Organismo Internacional de Enerxía Atómica (OIEA) que se restabeleceu parcialmente a subministración eléctrica á central nuclear de Chernóbil, despois de ser totalmente desconectada o pasado 9 de marzo. Segundo explica o OIEA nun comunicado, os traballos iniciados na noite do 10 de marzo por Ukrenergo, terían logrado reparar unha sección da central. 

 

Comentarios