A Fiscalía prepara o arquivo da investigación sobre Juan Carlos I

Esta decisión permitirá que o rei emérito español poida volver temporalmente a España.

 

 

O rei emérito Xoán Carlos I de Borbón atópase desde o 3 de agosto nos Emiratos Árabes Unidos (Imaxe: Europa Press)
photo_camera Juan Carlos I nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press)

A fiscal xeral do Estado, Dolores Delgado, prepárase para ditar un decreto para o arquivo das dilixencias  indagatorias  pre-xudiciais que se abriron en xuño do ano pasado pola investigación dos presuntos ou acreditados, mais non  perseguíbeis, comportamentos irregulares de rei emérito Juan Carlos I, segundo informa El Confidencial. O arquivo non é igual que o sobresemento da causa, é dicir, o caso poderíase reabrir, mais permitiría o retorno temporal do emérito ao Estado español.

O equipo de fiscais sobre os cales recaeu a causa concluíron que o emérito non é imputábel por mor da súa inviolabilidade mentres era xefe de Estado. Tamén sinalaron que hai feitos que están a ser investigados que xa prescribiron.

A Fiscalía considerou que a citación de Juan Carlos I é innecesaria, xa que aseguran que coa documentación da Axencia Tributaria e despois de recibir a persoas que conforman o seu círculo de confianza, como Álvaro d' Orleans, é máis que suficiente para a investigación.

Con estas fontes de información, o decreto da Fiscalía exporase en cuestión de semanas. Aínda que fontes do medio que dá a nova aseguran que será un relato "duro" e detallado, este concluirá a imposibilidade de interpoñer denuncia ou querela criminal contra Juan Carlos I.

O arquivo non é igual que o sobresemento da causa, é dicir, o caso poderíase reabrir, mais permitiría o retorno temporal do emérito ao Estado español

Fontes da Fiscalía aseguran que tanto Dolores Delgado como Juan Ignacio Campos, xefe do equipo de fiscais da causa, actuaron  seguindo "criterios profesionais" e facendo caso omiso ás "presións políticas e mediáticas".

Con todo, fontes da Fiscalía aseguraron a El Confidencial que son conscientes das consecuencias que este arquivo pode ter e por iso están a traballar  exhaustivamente en todas as posibilidades da investigación para que non queden "cabos por atar".

O nome do emérito español apareceu ligado a diferentes escándalios, o último é a investigación dos Pandora Papeis, unha gran investigación que sacou á a arañeira de moitas compañías  offshore.

ex amante de Juan Carlos I, Corinna  Larssen, quería deixar parte da súa fortuna ao emérito en caso da súa morte e así se estipulaba nos papeis atopados nunha das sociedades  offshore dos Pandora Papeis.

Comentarios