A fiscalía perdoa un ano fiscal ao rei emérito

Esta limitación fixo que as autoridades suízas só enviasen a España información dun dos dous bancos en que tivo diñeiro a Fundación  Zagatka, vinculada ao rei emérito.
O rei emérito, Juan Carlos I, o 8 de xaneiro de 2020, asistindo á capela ardente da Infanta Pilar. (Foto: Europa Press)
photo_camera O rei emérito, Juan Carlos I, o 8 de xaneiro de 2020, asistindo á capela ardente da Infanta Pilar. (Foto: Europa Press)

A fiscalía do Tribunal Supremo foi  benévola co rei emérito español. O organismo, tale  como avanza El Confidencial, enviou unha comisión  rogatoria a Suíza para solicitar información sobre o diñeiro que Juan Carlos I escondía alí, mais acoutou a solicitude ao período 2016-2019.

Esta limitación fixo que as autoridades suízas só enviasen a España información dun dos dous bancos en que tivo diñeiro a Fundación  Zagatka, vinculada ao rei emérito.

Os anos en que se centrou a fiscalía coinciden coa etapa na que o emérito efectuou menos operacións sospeitosas e, por tanto, significa unha renuncia para investigalo por delitos cometidos en exercicios non prescritos. Polo menos un ano fiscal ficaría fóra da comisión  rogatoria enviada a Suíza, subliña o citado medio.

A solicitude a Suíza enviouse o pasado 24 de febreiro, e trasladouse a  Yves  Bertossa, o fiscal de Xenebra que investiga desde 2018 a circulación de fondo do rei emérito.

Esta limitación fixo que as autoridades suízas só enviasen a España información dun dos dous bancos en que tivo diñeiro a Fundación  Zagatka, vinculada ao rei emérito.

Suíza enviou a España a información estrita que pertencía ao período solicitado pola fiscalía do Tribunal Supremo e, por tanto, só enviou documentación de parte das contas bancarias que dependían da Fundación  Zagatka (a entidade xestionada polo curmán do rei, Álvaro de  Orleans). Concretamente, indica El Confidencial, España só recibiu datos referentes aos movementos de  Zagatka no banco  Lombard  Oider de Xenebra.

Porén, as operacións máis ‘comprometidas’ nas que estaría Juan Carlos I leváronse a cabo entre 2003 e 2015, coas oito contas que a Fundación  Zagatka chegou a controlar no banco suízo  Credit  Suisse de Xenebra.

Con estes depósitos, entraron 6,5 millóns de euros de orixe descoñecida e 4,6 millóns de euros máis por unha operación inmobiliaria de OHL no Caribe mexicano que se correspondía a comisións ilegais. Con estas contas tamén se controlaron millóns de euros en accións de multinacionais españolas e europeas.

Comentarios