A Fiscalía do Perú denuncia a presidenta Boluarte por suborno no caso 'Rolexgate'

Aberta unha investigación á ex fiscal xeral Patricia Benavides.

A mandataria peruana, Dina Boluarte, a pasada semana. (Foto: Presidencia do Perú)
photo_camera A mandataria peruana, Dina Boluarte, a pasada semana. (Foto: Presidencia do Perú)

Na madrugada da terza feira, a Fiscalía peruana fixo público que presentou unha denuncia constitucional no Congreso contra a presidenta Dina Boluarte, que goberna co apoio de conservadores e ultradereitistas, por acusacións de suborno enmarcadas nun escándalo pola doazón de tres reloxos de luxo, un par de pendentes de ouro con diamantes e unha pulseira con brillantes por parte de Wilfredo Oscorima, gobernador de Ayacucho.

A Policía e a Fiscalía rexistraron o Palacio de Goberno no contexto da investigación por un presunto delito de enriquecemento ilícito contra Boluarte. Sexa como for, e tendo en conta o control do lexislativo que ostentan as forzas que sustentan a presidenta, é previsíbel que a demanda non prospere.

En paralelo, o Ministerio Público abriu unha investigación contra a ex fiscal xeral Patricia Benavides por presunto tráfico de influencias. Benavides foi clave nos ataques xudiciais ao ex presidente Pedro Castillo, cuxa destitución por parte do Parlamento, que el cualifica de golpe de Estado, levou Boluarte ao poder.

Comentarios