EUA e Israel fracasan no seu obxectivo de asasinar o presidente e o líder da revolución iraniana

Explosión en Teherán, 28 de febreiro. (Foto: Tasnim News Agency / ZUMA Press Wi)
O primeiro dos ataques conxunto dos Estados Unidos e Israel buscaba asasinar os máximos responsábeis gobernamentais do país.

O primeiro dos operativos de Estados Unidos e Israel rematou con fracaso. Segundo os voceiros militares de ambos os países o seu obxectivo era asasinar a o presidente do país, Masud Pezeshkián, e o líder da revolución, Ali Jamenei.

A axencia de noticias Reuters, citando fontes do exército sionista, destacou que "Israel asegurou que o líder supremo iraniano, Ali Jameneí, e o presidente do país, Masud Pezeshkian, foron branco de varios ataques".

As autoridades iranianas apuntaron que Jameneí e Pezeshkian "atópanse en perfecto estado e continúan nos seus cargos". Nesta dirección, apuntou que Alí Jameneí "está a salvo nun lugar seguro fóra de Teheran". A axencia de noticias iraniana Mehr News Agency asegurou que o presidente Masud Pezeshkián "non presenta ningún problema de saúde tras o ataque israelí". Ao tempo, significou que "traballa na resposta á agresión sionista".

O Ministerio de Asuntos Exteriores de Irán emitiu un comunicado denunciando  que "a nova agresión militar de Estados Unidos e Israel contra Irán prodúcese nun momento en que Irán e Estados Unidos estaban en proceso de negociacións diplomáticas".

ONU

Irán reclamou á Organización de Nacións Unidas tomar medidas inmediatas para asegurar a paz e a seguridade internacional, diante " da flagrante agresión militar de Estados Unidos e Israel contra Irán".