"De fascistas e cabróns estamos até os collóns": así responde a Vox o grupo cuxo tema usaron os de Abascal nun acto en Madrid

Esixe ao partido político que deixe de usalo e engade que repudia a ideoloxía da extrema dereita.

eléctrica dharma

A Companyia Elèctrica Dharma, banda barcelonesa con case 50 anos ás costas e que fusiona pop, jazz, psicodelia, rock e músicas do mundo;  denunciou e condenou o uso da canción"Flamarada nun acto de Vox esta fin de semana no pavillón Ifema de Madrid.

Nun comunicado publicado este domingo nas redes sociais, a banda catalá esixiu ao partido político que deixase de usar esa canción e engadiu que repudiaba a ideoloxía da extrema dereita.

"Dende o principio loitamos contra as ideas que defenden os grupos de extrema dereita que representa Vox e que atacan os dereitos das persoas e as liberdades máis básicas", sinalan.

Dharma pon como exemplo un dos seus lemas: un verso dunha das cancións, que di: "De fascistas e cabróns estamos até os collóns".

"Unha frase suficientemente explícita que nos separa de calquera sintonía con Vox", manifestan desde este banda catalá con perto de medio século de historia ás costas.

Comentarios