Donald Trump "moi probabelmente" se presentará ás eleccións de 2024

O ex presidente dos Estados Unidos de América apoia aos candidatos próximos nos comicios "de metade de mandato".
O ex presidente estadounidense Donald Trump. (Foto: Niyi Fote / TheNEWS2 via ZUMA Pres / DPA)
photo_camera O ex presidente estadounidense Donald Trump. (Foto: Niyi Fote / TheNEWS2 via ZUMA Pres / DPA)

Á espera de saber se anuncia a súa candidatura á Casa Branca para 2024, o ex presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, comezou a dar pasos nas eleccións de metade de mandato, nas que republicanos e demócratas se xogan o control do Congreso e o de varios Estados.

Trump volveu insinuar nun mitin en Ioawa que "moi probabelmente" se presentaría  ás eleccións.

Porén, os seus asesores estiveron persuadíndoo para que non anunciara as súas pretensións até que non terminen estas eleccións para evitar queimarse antes de tempo, estivo facendo campaña por aquelas candidaturas republicanas que lle son afíns e sobre todo atacando posíbeis rivais nas primarias. 

O magnate organizou eventos en Iowa, lugar do primeiro caucus republicano da historia, que fai desta unha praza simbólica para quen aspira a presidente, ou en Pensilvania, Ohio e Florida, estados importantes nestas eleccións de onde poden saír algúns dos seus rivais nas primarias. Un exemplo é o do gobernador de Florida, Ron DeSantis, quen aínda non fixo oficial ditas aspiracións.

As súas diferenzas quedaron de manifesto nas últimas datas, despois de que decidise apostar por Joe O'Dea, un político moi crítico con Trump, para ocupar un lugar no Senado dos EUA. O magnate respondeu non convidándolle a un mitin convocado no sur do Estado. 

Teorías negacionistas 

As teorías da conspiración sobre un posíbel fraude electoral nas eleccións presidenciais de 2020, que gañou o presidente Joe Biden, continúan máis presentes que nunca dentro dun Partido Republicano onde a metade das súas candidaturas ao Congreso son partidarias de dar credibilidade ás acusacións infundadas de Trump. 

Comentarios