Cospedal admite as reunións co ex comisario da Policía estatal Villarejo na causa polas presións a Bárcenas

Catalunya reclama recadar todos os impostos.
María Dolores de Cospedal, hoxe na Audiencia Nacional española. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
photo_camera María Dolores de Cospedal, hoxe na Audiencia Nacional española. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)

A ex secretaria xeral do Partido Popular (PP), María Dolores de Cospedal, recoñeceu hoxe na súa declaración como testemuña na Audiencia Nacional española que se xuntou co ex comisario José Manuel Villarejo en cinco ou seis ocasións, na causa que investiga as presuntas presións ao ex tesoureiro do PP, Luis Bárcenas, e ao seu avogado, Javier Gómez de Liaño, para que non filtrasen información prexudicial para a formación conservadora.

Cospedal negou ter falado con Villarejo de ningún dos dous aínda que o ex comisario deixou entrever que a informou dalgunha das súas investigacións sobre Liaño, e indicou que se reuniu con el posto que tiña información de persoas que querían prexudicar o PP.

Catalunya

Nun artigo conxunto, a conselleira de Presidencia da Generalitat, Laura Vilagrà, de Economía e Facenda, Natàlia Mas, e Territorio, Ester Capella, detallaron que o acordo de investidura entre o PSOE e ERC, a forza de Goberno do territorio, inclúe a creación dunha comisión bilateral na que exixirán recadar todos os impostos “que se pagan en Catalunya”.

Comentarios