mércores 28/10/20

Carles Puigdemont dá a estocada final ao PDeCat

Carles Puigdemont causa baixa no Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCat),
Puigdemont impulsa Junts, agora como partido e non coalición.
Puigdemont impulsa Junts, agora como partido e non coalición.

O ex president da Generalitat  de Catalunya, Carles Puigdemont, oficializou esta segunda feira, 31 de agosto, a súa baixa do Partit Demòcrata Europeu Català (PDeCat), dando a estocada de morte a esta formación nada en 2016 herdeira de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC, socia maioritaria da antiga CiU), nunha aposta dese espazo pola vía independentista. 

Puigdemont é agora eurodeputado da coalición Junts per Catalunya (JxCat) -impulsada na súa creación polo PDeCat- e vén ademais de crear un novo partido político que se chama, precisamente, Junts per Catalunya. 

"Acabo de comunicar a David Bonvehí, presidente do PDeCat, a miña decisión de darme de baixa do partido que preside. Seguirei traballando, agora como presidente de JxCat, para manter unha relación cordial entre as dúas formacións", escribiu Puigdemont na súa conta de Twitter. O ex mantario catalán fixo este anuncio despois de que o PDeCat denunciara a súa formación nos tribunais por apropiarse da marca de Junts. 

A de Puigdemont é a gota máis voluminosa dunha pingueira de baixas no partido. Os principais consellers do Govern tamén romperon o carné nunha carta conxunta: a  consellera de Presidència e portavoz do Executivo, Meritxell  Budó, así como o conseller de Territori, o de Interior, e mais o de Polítiques  Digitals.

Nunha carta conxunta, os consellers admiten que "é un proceso complexo pero que a sociedade catalá merece a maior claridade posíbel", e recalcan que Junts per Catalunya é "a mellor ferramenta para as e os presos e exiliados e o pobo de Catalunya".
O ex conseller e preso político Josep Turull tamén anunciou a súa decisión de darse de baixa do PDeCat. O partido demócrata hai tempo que ficou debilitado. Primeiramente abandonouno o sector que rodea a ex dirixente de CDC e logo do PDCat, Marta Pascal, enfrontada con Puigdemont ao situarse en contra da liña unilateral pola independencia. De feito, en xuño Pascal fundou o Partit Nacionalista de Catalunya (PNC), que procura un referendo acordado co Estado español. 
 
Terceiro grao

A xuíza rexeitou onte os recursos dos presos políticos cataláns  Oriol Junqueras, Jordi Sànchez e Josep Rull para poder gozar do terceiro grao, despois de que uns días antes resolvese que tiñan dereito a este réxime de semiliberdade. Con todo, a maxistrada insiste en non llo outorga até que se pronuncie sobre esta cuestión o Tribunal Supremo. 

comentarios