Cabo Verde: a dereita proclama a vitoria nas eleccións

O MpD do primeiro ministro Ulisses Correia e Silva, o máis votado. A presidenta do PAICV, socialista, Janira Hopffer Almada, anuncia a súa dimisión: "Creo que en política é necesario ser coherente".

Cabo Verde

O Movemento pola Democracia (MpD), de centro dereita, renovou o seu mandato nas eleccións lexislativas deste este domingo en Cabo Verde, segundo os resultados provisionais oficiais. Con máis do 98% dos votos contabilizados, o partido lidera o voto global, cun 49%, o equivalente a 36 deputados confirmados. A mairía absoluta está en 38.

Ulisses Correia e Silva considerou que o MpD gañou claramente. (só perdeu en Fogo e nos círculos de Europa e América). Dixo que era unha vitoria en rexeitamento á "forma negacionista de facer oposición e política" cun suposto populismo.

O partido de centro dereita distánciase do Partido Africano pola Independencia de Cabo Verde (PAICV) de Janira Hopffer Almada, que obtivo 26 escanos.

A ex-ministra de 42 anos perdeu no seu intento de levar o PAICV de volta ao poder e converterse na primeira muller en liderar o goberno desta antiga colonia portuguesa.

A Unión Independente e Democrática Caboverdiana (UCID, demócrata cristiá) sería terceira forza, con catro escanos.

A excepción democrática en África, Cabo Verde, o arquipélago de 550.000 habitantes no medio do Atlántico, a uns 600 km da costa de Senegal, sufriu as consecuencias da pandemia de coronavirus. O turismo caeu fortemente en 2020 e ese sector supoñía 25% do PIB do país.

Cabo Verde é un arquipélago de 4.033 quilómetros cadrados e ten unha poboación ao redor de medio millón de persoas.  Colonizado polos portugueses xa o século XIV, o país non atinxiu a plena independencia nacional até o 5 de Xullo de 1975, tras duros enfrontamentos armados co Exército portugués.

A conquista da independencia protagonizouna o Partido Africano para a Independencia da Guinea e Cabo Verde, fundado en 1959 por uns mozos nacionalistas liderados polo político marxista  Amílcar Cabral.

Comentarios