Lula anuncia o aumento do salario mínimo no Brasil

Lula da Silva afirmou que enviará ao Congreso un proxecto para axustar o salario mínimo por riba da taxa de inflación do ano anterior.

Luiz Inacio Lula da Silva, presidente do Brasil, o pasado domingo. (Foto Nós Diario)
photo_camera Luiz Inácio Lula da Silva, presidente do Brasil, o pasado domingo. (Foto: Nós Diario)

O presidente de Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva, confirmou o pasado domingo o aumento do salario mínimo con motivo da conmemoración do Día Internacional dos Traballadores.

Lula da Silva indicou que a partir do 1 de maio desde 2023 entrará en vigor un aumento de 2,8%, polo que o salario mínimo no país pasará de 1.212 reais (220,37 euros) a 1.302 reais (236,74 euros).

É un aumento pequeno, pero real por riba da inflación, por primeira vez despois de seis anos”, afirmou o presidente.

Nunha mensaxe ao pobo brasileiro, o xefe do Estado afirmou que nos próximos días enviará ao Congreso un proxecto para axustar o salario mínimo por riba da taxa de inflación do ano anterior.

Transformación social

Lula da Silva asegurou que ao longo do seu terceiro mandato, “o salario mínimo volverá ser o instrumento de transformación social que foi no pasado”, cando medrou 74% por riba da inflación e “permitiu a millóns de brasileiros e brasileiras saír da pobreza”.

O presidente brasileiro anunciou tamén que a partir deste mes os traballadores e as traballadoras que gañan até 2.640 reais ao mes (480,02 euros) estarán exentos do pago do imposto da renda.

Lula agregou que, até o final do mandato, cumprirá a promesa de elevar até 5.000 reais (909,13 euros) o límite do salario das persoas exentas do pago de impostos.

No seu comunicado, o presidente do Brasil comentou que desde que volveu asumir a Presidencia está traballando para “recuperar as conquistas perdidas durante a Administración de Jair Bolsonaro” para a clase traballadora.

Comentarios