Estados Unidos

Biden pide restricións ás armas tras o tiroteo no desfile da 'Super Bowl'

5.000 mortes por armas de fogo en 2024.
Despregadura policial en Kansas City logo do tiroteo masivo. (Foto: Chris Ochsner / Europa Press / Contacto)
photo_camera Despregadura policial en Kansas City logo do tiroteo masivo. (Foto: Chris Ochsner / Europa Press / Contacto)

O presidente estadounidense, Joe Biden, reclamou na madrugada de hoxe á poboación que prema e faga “ouvir a súa voz no Congreso”, co fin de “actuar e prohibir as armas de asalto, limitar os cargadores de gran capacidade, reforzar os controis de antecedentes e manter as armas fóra do alcance” de persoas que non teñen motivo para “posuílas nin manipulalas”.

Pouco antes, unha persoa faleceu e 22 resultaron feridas nun tiroteo en Kansas City durante o desfile de celebración do equipo local, que se impuxo na Super Bowl, a final la liga de fútbol americano do país. A Policía local trasladou que a principal hipótese coa que traballa é que os feitos partiran dunha disputa entre varias persoas. Hai tres detencións, dúas delas de menores de idade.

As mortes por armas de fogo son constantes

A entidade Gun Violence Archive reporta que arredor de 5.000 persoas morreron nos Estados Unidos no que levamos de ano froito das armas de fogo, con até medio centenar de tiroteos masivos. En 2023, a cifra de decesos ascendeu a case 19.000 sen ter en conta os suicidios.

Comentarios