Autoridades do Paquistán prohiben reunións públicas para frear Khan

O veto tamén afectou as marchas polo 8-M.
Protesta esta cuarta feira contra a prohibición da marcha do 8-M no Punjab. (Foto:  Europa Press / Contacto / Rana Sajid Hussain)
photo_camera Protesta esta cuarta feira contra a prohibición da marcha do 8-M no Punjab. (Foto: Europa Press / Contacto / Rana Sajid Hussain)

Poucas horas antes do comezo esta cuarta feira dun mitin que se prevía multitudinario en Lahore, a capital da provincia paquistaní do Punjab, co que o ex primeiro ministro Imran Khan -destituído en 2022 por unha manobra da que acusa os Estados Unidos- pretendía dar inicio á campaña para as eleccións do 30 de abril na demarcación, as autoridades provinciais anunciaron a prohibición de calquera tipo de reunión pública.

A medida foi cuestionada polos seguidores de Khan, que foron reprimidos pola Policía ao tratar de manifestarse. Máis de 40 persoas foron detidas. Isto levou a Khan a reclamar aos seus partidarios que acabasen coa protesta polo temor a "que o Goberno tome isto como unha escusa para impedir que se desenvolvan as eleccións. A prohibición tamén afectou as marchas convocadas polo Día internacional da muller.

A decisión do Punjab chega nun momento convulso para o país, despois de que a Policía  intentara deter a Khan na fin de semana por un presunto caso de corrupción, que el atribúe a un intento de que abandone a súa participación política.

Comentarios