Israel mata no sur do Líbano dous xornalistas da televisión Al Mayadeen

A cadea di que o ataque foi "directo e intencional"
xornalistas israel gaza
photo_camera Farah Omar e Rabie Al-Maamari (Foto: Al-Mayadeen

A correspondente Farah Omar e o fotógrafo Rabie Al-Maamari, ambos os dous da canle Al-Mayadeen, canle satelital panárabe. morreron esta terza feira nun bombardeo israelí “deliberado e directo” na localidade de Tair Harfa, ao sur do Líbano. O medio de comunicación expresou a súa consternación e loito pola morte dos dous xornalistas.

Farah Omar compareceu en vivo no seu medio aproximadamente unha hora antes do ataque e ofreceu detalles sobre os últimos acontecementos no sur do Líbano.

O presidente do Consello de Dirección da canle panárabe, Ghassan Ben Juddou condenou o cruel asasinato e asegurou que o ocupante apuntou o equipo de prensa da canle de maneira “directa, intencional e definitiva”.

“Non poderán silenciar as voces e por moito que maten ou tenten matarnos; continuaremos a nosa cobertura e o noso traballo xornalístico, cuxa prioridade é cubrir os crimes da ocupación en Gaza, Cisxordania, Palestina e o Líbano”, resaltou o alto directivo.

Na Franxa de Gaza, confirmouse o asasinato por parte de Israel de ao redor 60 xornalistas, nun intento de silenciar a verdade sobre oque está a acontecer na faixa, segundo reiteran axencias de xornalistas

Comentarios