Asasinan o presidente de Haiti, Jovenel Moise, na súa propia vivenda

Crise política e sanitaria pola violencia e a incerteza no Goberno diante esta nova situación no país.
Jovenel Moïse, presidente de Haiti nunha audiencia (Twitter de Jovenel Moïse).
photo_camera Jovenel Moïse, presidente de Haiti nunha audiencia (Foto: Twitter de Jovenel Moïse).

O presidente de Haití, Jovenel Moïse, foi asasinado na madrugada desta pasada cuarta feira nun ataque perpetrado contra a súa residencia privada e no que tamén resultou ferida de bala a primeira dama, segundo informou o primeiro ministro interino do país, Claude Joseph, nun comunicado. Horas despois do magnicidio varios medios de comunicación e algunhas persoas, entre elas o presidente de República Dominicana, Luís  Abinader, e a muller do presidente interino de Venezuela, Fabiana Rosales, confirmaron o seu falecemento.

O violento ataque produciuse ao redor das 1 horas (horario local) na residencia presidencial de Puerto Príncipe, cando "un grupo de persoas estranxeiras non identificados", entre elas "varias que falaban español", asaltou a vivenda, segundo o comunicado recollido por medios locais como a emisora Juno7 e Gazette Haiti.

O primeiro ministro condenou este acto cualificándoo de "odioso, inhumano e bárbaro" e aproveitou para facer un chamamento urxente cara a poboación para que manteña "a calma". Joseph asegura que "a situación de seguridade do país está baixo control da Policía Nacional e tamén das Forzas Armadas" e confía en que "a democracia e a República vencerán" esta escalada de tensións. 

Sucesión incerta

O asasinato de Moïse leva ao límite a grave crise de seguridade que atravesa Haití e que ameaza con provocar un baleiro de poder, tendo en conta de que o presidente levaba tempo gobernando por decreto a causa da ausencia dun Parlamento electo. A incerteza estendeuse ao Goberno, cuxas rendas asumiu Joseph de forma interna o pasado mes de abril.

Esta mesma semana, o presidente designara como novo primeiro ministro a Ariel Henry, un antigo responsábel de Interior ao que encargou, entre outras tarefas, "solucionar o flagrante problema da inseguridade e apoiar ao Consello Electoral para a realización das eleccións xerais e o referendo". 

A crise política e de seguridade derivou tamén nun empeoramento da situación humanitaria, especialmente na zona de Porto Príncipe, onde unhas 18.100 persoas abandonaron os seus fogares polo aumento da violencia, 14.700 delas no último mes, segundo a Oficina para a Coordinación de Asuntos Humanitarios de Nacións Unidas.

Este organismo advertiu tamén de que a violencia complica o reparto da axuda, malia 1,1 millóns dos seus habitantes necesitan auxilio urxente.

Comentarios