martes 20/10/20

Aceleran a ampliación de cinco hospitais cataláns para atender as necesidades da pandemia

As melloras nos cinco centros sanitarios estaban aprobadas antes da afección da pandemia, pero decidiuse apurar os trámites para comezar os traballos o antes posíbel. A intención é que os novos espazos poidan albergar tanto pacientes de coronavirus como unidades dedicadas de unha ou outra forma á procura dunha solución para a Covid-19
Bellvitge
Imaxe do control de neumoloxía no hospital de Bellvitge (Foto: Nós Diario)

Nesta segunda feira, Catalunya iniciará as obras de ampliación de cinco hospitais do país. Segundo o xornal VilaWeb, a mellora das infraestruturas sanitarias xa estaba previsto con anterioridade á pandemia.

Porén aceleráronse os tramites para poder estar en condicións de dar resposta ás necesidades que vaia marcando o coronavirus.

As modificacións van beneficiar as infraestruturas de Vilanova de Lleida, Bellvitge, Moisès Broggi, Can Ruti e o parque sanitario Pere Virgili. A idea é aproveitar os espazos que se xeneren para o tratamento da Covid-19 porque non se descartan novos gromos.

Malia que as obras aínda comezan agora, o departamento de sanidade da Generalitat ten previsto que as obras duren “aproximadamente cinco meses”.

No entanto, unha vez se solucione esta crise sanitaria os metros cadrados ampliados en cada hospital dedicaríanse a outras cousas para as que xa estaban pensados.

Aceleran a ampliación de cinco hospitais cataláns para atender as necesidades da pandemia
comentarios