Unha organización internacional pide apoio para a iniciativa do Bloque de abolición das touradas

CAS Internacional pediu esta sexta feira que Galiza se coloque á fronte da loita contra as corridas nunha misiva enviada aos grupos parlamentares en que demanda apoio á iniciativa lexislativa presentada polo BNG

En comparecencia de imprensa conxunta entre o Espazo parlametar para a defensa dos animais e membros de CAS Internacional o director da entidade internacional antitaurina, Marius Kolff anunciou que enviou ás forzas con representación parlamentar unha carta aberta na que solicita o apoio dos grupos á iniciativa lexislativa presentada polo Bloque. 

@s nacionalistas demandarán unha reforma da Lei 1/1993 para a protección e defensa dos animais na que solicitan a supresión das touradas como excepción ao cumprimento da lei. Na misiva, Kolff empraza ás forzas a pularen por unha Galiza "moderna e responsábel" que encabece a loita contra as touradas apoiando a iniciativa do BNG o vindeiro 23 de xuño. 

Comentarios