Neste número 23 de Sermos Galiza, abordamos a fondo o 14N: Europa vai á Folga Xeral

Nesta sexta, un novo número de Sermos Galiza chega a ti, cun semanario do máis completo. Abordamos a xornada histórica do 14N, cunha Folga Xeral europea, contámosche como o Sergas fai un negocio do tratamento da tuberculose, entrevistamos a Ugia Pedreira e analizamos as reformas territoriais en Portugal e Italia, entre outras moitas cuestións. E temos tempo para percorrer seráns, fiadas e ruadas. E falamos Kutti Revathi, escritora e activista feminista tamil
SG23
photo_camera SG23

Esta sexta, un novo número do Sermos Galiza chega aos quisoques. Xa van 23 números e seguimos dispostos a percorrer o camiño do xornalismo en galego grazas ao teu apoio e colaboración. Neste número a reportaxe a fondo céntrase na xornada do 14N, con Europa chamada a unha folga en defensa dos dereitos e conquistas das maiorías sociais e contra as políticas de recortes e austeridade impostas por gobernos e Bruxelas.

 En crónica política, abordamos os vellos vicios dos partidos políticos e reflexionamos sobre as súas consecuencias. Tamén falaemos de ENCE, e de como os poderes políticos e económicos estreitan a man coa empresa. Mais neste número 23 hai moito máis, como os tratamentos de tuberculose, máis un paso do PP en facer da saúde pública un negocio; ou ben a Folga do Leite de 27N, na que @s gandeir@s teñen un calendario de mobilizacións en defensa duns prezos xustos. Neste sentido, entrevistamos a Xurxo Álvarez, presidente de Fruga.

Falamos das dificultades das familias galegas para chegar a final de mes, contámosche da denuncia de prevacarización contra a Consellería de Industria pola venda da conserveira de Alfageme, e tratamos a fondos as reformas territoriais en Portugal e Italia.

Nas páxinas de cultura entrevistamos a Ugia Pedreira, e damos unha volta polas ruadas, seráns e fiadas da Galiza, un país do máis festeiro até nos pequenos encontros.

Na contraportada entrevistamos a Kutti Revathl, escritora e activista feminista tamil, e en Okapi no Courel abordamos os secretos da cociña para as crianzas.

No artigo de pensamentos, Francisco Sampedro reflexiona sobre os resultados electorais e en Andar a Terra achegámonos a Baldaquinos.

Mais neste número hai moito máis. Non o perdas. Recomendámoscho

Comentarios