Feijóo, sobre o xuízo ao seu amigo Dorado: "Os xuíces decidirán"

Foron íntimos amigos. Partillaron viaxes en iate e festas en datas tan sinaladas como as nadalencas. Agora un é o presidente da Xunta e o outro está a ser xulgado por narcotráfico na Audiencia Nacional. Pídenlle 15 anos de cadea.

feijoo
photo_camera feijoo

"Os xuíces han decidir o que consideren oportuno". Esa foi a frase, obviamente unha fórmula preparada pola súa equipa de asesores, coa que Feijóo despachou as perguntas da imprensa após o consello da Xunta.

Nada máis. Ningunha valoración. Simplesmente unha frase retórica, unha forma de solemnizar o obvio.

Feijóo avala @s concelleir@s do PP

A situación de Santiago, 7 concelleir@s do PP serán procesados por prevaricación ao autorizar o pagamento con fundos públicos da defensa dun seu compañeiro de partido e tamén edil imputado na Pokémon, foi asemade obxecto de interpelación ao presidente da Xunta por parte dos meios.

A este respeito, Feijóo avala que continúen no seu cargo, isto é, non ve motivos políticos para que demitan.

Dixo enigmático que formulará unha "proposta" arredor da situación das e dos concelleiros do seu partido na capital de Galiza cando se coñeza a sentenza.

Comentarios