POLÍTICA

O Goberno español veta a unha 'chupinera' en Bilbao por motivos ideolóxicos

A Delegación gobernativa de Madrid na Comunidade Autónoma Vasca quere evitar que Jone Artola protagonice o inicio das festas de Bilbao, tal e como lle corresponde pola quenda de comparsas, porque pertence a Etxerat e foi candidata da esquerda abertzale.

manifestación independentista
photo_camera manifestación independentista

Defender unha ideoloxía concreta é motivo para non poder participar nas festas populares, segundo defende o PP, nunha nova mostra do estado de excepción que o Estado español aplica en Euskal Herria, onde o delegado do Goberno na Comunidade Autónoma Vasca, Carlos Urquijo, ordenou á Avogacía Xeral  que recorra o nomeamento de Jone Artola, membro do colectivo de familiares de presos de ETA Etxerat e fundadora da comparsa Txomin Barrote, como 'chupinera' das festas da Aste Nagusia de Bilbao.

No escrito remitido á Avogacía do Estado, Urquijo subliña que a designación de Artola como responsable do lanzamento do foguete inaugural das festas podería “vulnerar” as leis estatal e vasca sobre protección e recoñecemento de vítimas do terrorismo.

O delegado do Goberno indica que Artola é “portavoz habitual de Etxerat” e que foi candidata ás eleccións municipais de 1999 e aos comicios xerais de 2000 por Euskal Herritarrok, unha das formacións da esquerda abertzale. Por iso, “ordena” á Avogacía do Estado que interpoña un recurso contencioso-administrativo contra o nomeamento de Artola como 'chupinera' das festas de Bilbao.

Comentarios