As vendas do comercio retallista descenderon en 2,2% no ano 2022

A caída do consumo avanza unha contracción do PIB.
Comercio retallista (Foto: Arxina).
photo_camera Comercio retallista (Foto: Arxina).

Galiza lidera a caída das vendas do comercio retallista no Estado. Segundo os datos que vén de facer públicos o Instituto Nacional de Estatística (INE), cuxas últimas cifras se refiren a novembro de 2022, as vendas reducíronse no pasado exercicio en 2, 2%, colocándose 1,4% por baixo da media estatal, fixada para ese período en -0,8%.

As cifras procedentes do INE certifican que só Castela-A Mancha, Euskadi e Andalucía rexistran uns datos peores que Galiza. Así, na primeira deles as vendas do comercio retallista caeron en 4%, na segunda en 3,8% e na terceira en 2,6%. Neste sentido, a contracción do consumo nas tendas físicas notase con moita máis forza no país que no conxunto do territorio estatal.

A caída das vendas do comercio retallista galego contrasta co comportamento da actividade en boa parte dos territorios do Estado. Nesta dirección, as vendas medraron en 5,2% nas Illes Balears, en 2,8% en Canarias, en 1% Madrid, en 0,7% en Cantabria, en 0,6%, en Castela e León, en 0,6% no País Valencià, e en 0,1% Estremadura.

A baixada da actividade no pequeno comercio prodúcese nun momento de mudanza nos hábitos do consumo. Mentres no comercio retallista se rexistran unha caídas das vendas de 2,2%, estas increméntanse nas grandes superficies comerciais en 9% e no formato online en 17%.

Os efectos desta situación déixase notar no feche de establecementos dedicados ao comercio retallista. A este respecto, o Instituto Galego de Estatística (IGE) sinala que  que en 2022 fecharon 1.600 comercios na Galiza, a cifra en porcentaxe máis elevada do conxunto do Estado.

Os comercios máis afectados son aqueles dedicados ao sector téxtil e do calzado. Precisamente, nestes é onde máis se nota a competencia das grandes plataformas dixitais e das grandes cadeas de distribución. Asemade, os seus produtos son de carácter prescindíbel  polo resultan tradicionalmente  máis golpeadas en situación dificultade económica. 

O poder adquisitivo

A baixada das ventas é consecuencia da perda de poder adquisitivo de persoas e familias como resultado dunha alza de prezas non compensada co incremento das retribucións. Neste sentido, a caída do consumo interno adoita ter unha importante repercusión no comportamento do Produto Interior Bruto (PIB).  As cifras da caída do consumo adentan unha nova contracción do PIB para o último trimestre de 2022. 

Comentarios