Transportistas galegos únense para demandar Audasa por retrasos e prexuízos

As obras na ponte de Rande e accesos prexudicaron numerosos transportistas, indican desde a recén constituída Plataforma empresarial de afectados da AP-9.

Entre febreiro de 2015 e xuño de 2018 a ponte de Rande e os accesos á mesma provocaron non poucos retrasos e prexuízos ao sector do tranporte da comarca de Vgo, Pontevedra e O Morrazo, así como doutras zonas de Galiza. Para defender os dereitos destes transportistas nace a Plataforma empresarial de afectados pola AP9, impulsada pola Federación Galega de Transportistas e o despacho de avogados Pérez Lema. A nova plataforma está aberta á integración de afectados do norte de Portugal que tamén se viran afcetados por estas actuacións na autoestrada.

Son por volta de 500 empresas do sector as que poderían pedir a devolución íntegra das peaxes nese périodo de obras. A pretensión da nova plataforma é presentar na xustiza pola vía civil varias demandas grupais en diferentes órganos xudiciais.

O avogado Xoán Antón Pérez Lema calcula que cada empresa podería reclamar, polos retrasos e prexuízos deses case 40 meses de obras, 15.600 euros por camión que realizase nese período o traxecto Pontevedra-Vigo. Para este letrado, a concesionaria da AP9 incurriu nun “incumprimento contractual clarísimo” pois no tempo en que estivo en obras non se deron condicións exixidas pola lei, como a velocidade e seguridade na circulación. Non existía intinerario alternativo en varios tramos afectados pois o que había supuña perder moito tempo e circular por núcleos urbanos.

Comentarios