Reyes Maroto pide a Alcoa que “reconsidere” os despidos e lémbralle que nestes anos recibiron 37 millóns de euros

A ministra de Industria empraza a Xunta a “non poñerse de perfil” como fixo “durante estes dous anos”.

Vista da factoría de Alcoa en San Cibrao (Europa Press)
photo_camera Vista da factoría de Alcoa en San Cibrao (Europa Press)

A ministra de Industria Reyes Maroto pediu a Alcoa que “reconsidere” a decisión de despedir máis de 500 traballadores e traballadoras na planta de San Cibrao e manifesto que ”nestes dous anos dotámola [a Alcoa] de máis de 37 millóns de euros”.

En declaracións en El programa de Ana Rosa (Tele 5), Reyes Maroto, sinalou que esta empresa “sempre estivo tutelada polas administracións públicas”. Emprazou a Xunta da Galiza a “non poñerse de perfil”, como dixo que fixo nestes anos e instouna a colaborar com Goberno estatal.

A ministra sinalou que o aluminio primario é “unha industria moi importante” e que a defensa deste sector é unha “prioridade” para o Goberno español.

“As administracións deben de estar unidas”, concluíu.

Mil millóns de euros nesta década. Ese é o importe que Alcoa recibiu no Estado español a través de axudas e subvencións indirectas, segundo informaba a finais de 2018 o Ministerio de Transición Ecolóxica.

Comentarios