Rosa Regueiro e María Cadaval reciben o Premio Paz Andrade de investigación económica

O Premio de Investigación en Economía da Galiza "Valentín Paz Andrade" é convocado anualmente de xeito conxunto polo Consello Económico e Social da Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Estudos e Desenvolvemento da Galiza (IDEGA), institución ligada a propia USC.
Rosa Regueiro e María cadaval (Foto: Nós Diario).
photo_camera Rosa Regueiro e María cadaval (Foto: Nós Diario).

As profesoras da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e colaboradoras de Nós Diario, Rosa Regueiro Ferreiro e María Cadaval Sampedro veñen de recibir o Premio de Investigación en Economía da Galiza "Valentín Paz Andrade" polo seu artigo Renewable energy taxes and environmental impacts: A critical reflection from the wind tax in Spain.

O traballo de Regueiro e Cadaval analiza a xestión e as políticas públicas no sector das enerxías renovábeis na Galiza, considerando o seu impacto a nivel comparativo con outros territorios do Estado.

Neste dirección, investiga a aplicación do canón eólico aos parques eólicos galegos en relación cos de Castela-León e Castela A Mancha, coa finalidade de analizar e coñecer a singularidade do tributo, e polo tanto, a idoneidade para gravar o impacto ambiental eólico.

Comentarios