Produtores ecolóxicos acusan a Xunta de "boicotear" o sector

Desde Proecogal denuncian perda de superficie ecolóxica.
Unha produción en ecolóxico no rural galego (Foto: Chris DoAl).
photo_camera Unha produción en ecolóxico no rural galego (Foto: Chris DoAl).

A Plataforma de produtoras e produtores de ecolóxico de Galiza (Proecogal) demandou esta sexta feira á Xunta da Galiza a través dun comunicado o cesamento "do seu boicot á produción ecolóxica e o cumprimento da normativa europea".  O pasado mes de decembro, produtores ecolóxicos que foron excluídos no reparto efectuado pola Xunta das axudas agroecolóxicas da PAC en 2022presentaron demandas no Xulgado do Contencioso-Administrativo contra a Consellaría do Medio Rural. Máis de 300 explicacións, cifraba esta sexta feira Proecogal no comunicado, ficaron sen esas axudas.

Craega

Ademais, esta asociación pregunta á Administración galega sobre "se é certo" que hai 30.000 hectáreas menos certificadas no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica da Galiza (Craega) con respecto ao exercicio 2022. "Como teñen pensado explicarlle á Comisión Europea o descenso de hectáreas as certificadas cando Europa demanda un aumento de 500% para 2030?".

Para esta plataforma, as políticas e actuacións da Consellaría do Medio Rural "poden pór en risco o acceso a fondo europeos" dirixidos ao sector da agricultura ecolóxica. 

Un ano de vida

Proecogal trátase dunha organización de recente creación. Tanto é así que o 21 de xaneiro de 2023 tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a primeira Asemblea Aberta da plataforma de produtores de ecolóxico da Galiza.O colectivo naceu, segundo sinalaron os propios integrantes naquela altura, "pola situación de desesperación que vive o sector, xerada pola denegación das axudas da anualidade 2022 por parte da Xunta da Galiza".

Segundo Craega, o número d operadores ecolóxicos rexistrados na Galiza era en 2022 —último ano con datos oficiais— de 1.506, o que supuña, segundo o Consello, un incremento de 10% a respecto do exercicio anteriores.

Comentarios