Peche indefinido d@s traballador@s na factoría coruñesa de Santa Bárbara

O cadro de persoal denuncia que a propietaria, General Dynamics, non ofrece á factoría herculina o mesmo prazo que a outras fábricas que ten no Estado para atopar unha solución
Fábrica de Armas Santa Bárbara

A multinacional General Dynamics non está a tratar nas mesmas condicións á factoría que ten na Coruña que as outras que posúe no Estado español e que tamén entran dentro do proceso de reestruturación (despedimentos e peches) anunciado a comezos de ano. Esta discriminación, denunciada polas e polos traballadores, é o motivo do peche idefinido que o cadro do persoal comeza esta quinta feira e que terá carácter indefinido.

@s operarios sosteñen que a multinacional ofertou non despedir ao cadro de persoal até o 1 de xuño, polo que sería ERE temporal e non o de extinción. Para sindicatos e comité de empresa iso non abonda. E apontan a que noutras factorías a propietaria está a ofrecer prolongar esa situación até 8 meses, dando tempo así a procurar unha solución que evite o peche.

 Variacións

General Dynamics modificou, iso si, algúns puntos en relación a súa proposta inicial, mais mantese no peche da factoría herculina. Propón aumentar até os 56 anos a idade para pedir a prexubilación voluntaria. E mesmo estaría a avaliar aumentar a indemnización para adscripción voluntaria a incrementar 20 mensualidades.

Comentarios