Outro golpe á industria electrointensiva

A Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía ( AEGE) cre que o resultado da última poxa de  interrumpibilidade, que sitúa a retribución do servizo en 4,38 millóns de euros para o primeiro semestre de 2020, supón "outro duro golpe" que causará causará “un dano irreparábel” á industria  electrointensiva.
 
electro1
photo_camera Empresa do sector electrointensivo

A patronal das electrointensivas amosa "fonda preocupación e inquedanza" polo panorama para a industria en 2020, e ve "como os seus problemas non se resolven, senón que se acentúan pola falta de Goberno" no estado español. 

A asociación subliña que, no panorama existente, case de retribución mínima polo servizo de  interrumpibilidade tras un recorte de 95%, sen Orzamentos Xerais do Estado e sen Estatuto de Consumos  Electrointensivos, "se non se actúa con urxencia, causará un dano irreparábel á industria electrointensiva". Na Galiza, unhas 4.000 familias dependen de forma directa desta industria en plantas como as de Alcoa, Ferroatlántica ou Celsa Atlantic

AEGE recalca que en poucos anos, a seguridade de subministración do sistema eléctrico perdeu 2.000 megawatts ( MW) interrompíbeis dos 3.000 MW que había en 2017. "Precisamente en 2020, un ano no que está previsto o peche da metade das centrais de carbón e cando estarán en servizo uns 7.000  MW de renovábeis máis resultado das últimas poxas", fai notar a entidade, que urxe a aprobación  do estatuto electrointensivo, con medidas e dotación orzamentaria “suficiente” para reducir o diferencial de prezo eléctrico de 20-25 euros por megawatt hora( MWh) cos competidores de Francia e Alemaña.

Comentarios