Gadis Retail, entre as 50 empresas do Estado español mellor valoradas para traballar

A compañía obtivo o posto 24.
Gadis, na gala de InfoJobs. (Foto: Europa Press)
photo_camera Gadis, na gala de InfoJobs. (Foto: Europa Press)

Gadisa Retil situouse entre as 50 empresas do Estado español mellor valoradas para traballar e desenvolver unha carreira profesional, de acordo con InfoJobs, que convocou a primeira edición dos premios empresariais InfoJobs Awards baixo o lema As estrelas do teu equipo.

Segundo informa o grupo, "o principal mérito deste recoñecemento é que son os propios traballadores e ex traballadores da empresa de distribución os que, cos seus comentarios positivos, a situaron no posto número 24, entre as máis de 100.000 empresas analizadas pola plataforma".

A compañía comparte clasificación con outros grandes grupos estatais e internacionais e é a primeira empresa galega do seu sector na clasificación.

Entre os aspectos para ter en conta pola plataforma á hora de ponderar as máis de 2,5 millóns de opinións recollidas, destacan como as compañías valoran a nivel interno o talento e recoñecen o traballo ben feito por parte dos seus profesionais.

Comentarios