A filial de renovábeis de Endesa conecta á rede dous parques eólicos en Lugo

Enel Green Power investiu 61 millóns de euros nos novos parques eólicos galegos.
EuropaPress_2539450_Parque_eólico_en_el_Andévalo
photo_camera Imaxe de arquivo dun parque eólico.

Galiza segue a sumar potencia renovábel. Desta vez foi Enel Green Power, a filial verde de Endesa, a que conectou á rede dous novos parques eólicos. Tratase da planta eólica de Paradela, con 6 aeroxeradores  que proporcionan unha potencia total de 12 megavatios (MW), e a de Serra das Penas, nese mesmo concello, formada por 21 aeroxeradores  con 42 MW de potencia. Neles, a compañía investiu 61 millóns de euros e xuntos evitarán a emisión á atmosfera de 121.300 toneladas de CO2.

Estas dúas instalacións súmanse ao recentemente conectado parque Reformado de Pena Ventosa, no concello de O Vicedo, con 8MW de potencia e que leva aportando enerxía á rede desde o pasado mes de novembro. Con estes novos megavatios que veñen de entrar en operación, Endesa suma na Galiza 566MW repartidos en 23 parques eólicos.  

Modelo innovador 

A execución destes proxectos fíxose seguindo o modelo de 'Sitio de Construcción Sostíbel' de  Enel Green Power, que inclúe a instalación de paneis solares fotovoltaicos para cubrir parte das necesidades enerxéticas durante a obra. Ademais, adoitáronse medidas de aforro de agua coa instalación de depósitos e sistemas de recollida de chuvia. Finalizados os traballos, tanto os paneis fotovoltaicos coma os equipos de aforro de agua doaranse para o seu uso público.

O conselleiro delegado de Endesa, Xosé Bogas, afirmou que a compañía "está a ultimar a conexión á rede" dos 879 MW renovábeis adxudicados na poxa de 2017, o que "amosa o seu empeño co cumprimento dos compromisos adquiridos nas licitacións". "Trátase dun paso máis na aposta de Endesa na produción de enerxía limpa, un dos piares da política de transición enerxética", indicou.

Comentarios