Conselleiros e conselleiras, directivos e directivas dos órganos de dirección do ‘selecto’ grupo de empresas que cotizan no IBEX 35 recibiron no primeiro semestre deste ano perto de 171 millóns de euros en concepto de remuneracións. Unha conta na que non figuran os datos de Inditex e ArcelorMIttal, o que faría engrosar a cantidade final.
Eses 171 millóns de euros representa un aumento de 10,2% a respecto das remuneracións que este persoal de alta dirección recibiu no primeiro semestre de 2018, segundo informa El País. Un aumento liderado por Endesa, onde o incremento dos ingresos foi de 359% por mor do finiquito do seu expresidente Borja Prado. A segunda na lista é ACS de Florentino Pérez, onde as nóminas de conselleiras e directivas é agora 44% superior a hai un ano.
Os soldos de alta dirección das compañías do IBEX 35 xa aumentaran en 11% ao longo de 2018.
Porén, neste primeiro semestre do ano houbo unha baixada, lixeira mais baixada, no que atinxe aos cadros de persoal. Estas compañías empregaban en todo o mundo 1,09 millóns de persoas. Son case 6.000 menos que no semestre anterior.
Tributación
Os técnicos do Ministerio de Facenda denunciaban en 2013 que os grandes grupos empresariais do IBEX 35 tributaron pouco máis de 14 mil millóns de euros. Unha cifra que representa apenas o 12,5% dos seus beneficios.
Desde os técnicos de recadación consideraban que era máis que "xusto e necesario" aplicar un imposto de sociedades do 35% para aquelas empresas que sobrepasen o millón de euros de beneficios. "É un baremo en consonancia co que é normal a nivel europeo e dentro dun criterio de redistribución sobre o que se asenta calquera estado mínimamente democrático", defendía Julio González