A deputada do PP Paula Prado fai campaña contra estabelecementos de hostalaría de Compostela

Nunha publicación no seu perfil de Facebook asegura que non consumirá nos negocios hostaleiros da capital que critiquen a Feixoo.
Unha das imaxes publicada pola deputada (Paula Prado)
photo_camera Unha das imaxes publicada pola deputada Paula Prado.

A deputada compostelá do PP e viceportavoz do Goberno galego, Paula Prado, empregou a súa conta de Facebook para atacar a campaña da hostalaría de Compostela que pedía o rescate para o sector.

Identificando con dúas fotografías algúns locais que participaron na iniciativa, aseguraba que “se queren politizar a Asociación de Hostalaría que o fagan, mais eu non lles volvo tomar un café e coma min moita xente”.

Diante das críticas do portavoz da asociación Hostalaría Compostela, Lois Lopes, por esta acción, a deputada defendeu sinalar con imaxes "locais que teñen a ben identificarse, voluntariamente, cun cartel co que non estou de acordo" polo que insistiu en que non tomará "un vaso de auga baixo o escaparate con ese cartel".

A deputada continuou a súa critica asegurando que "non pretendo facer listas negras, en absoluto, eso é máis propio de réximes comunistas (UPG incluida) cos que non me sinto nada identificada" engadindo que "en realidade poño nas miñas redes fotos de locais que teñen a ben identificarse, voluntariamente, cun cartel co que non estou de acordo, nin eu nin moita xente". 

Por último asegurou  que boto en falta, "por exemplo, axudas directas do Concello ou do Estado, por qué non hai carteis coa foto de Bugallo “responsábel” ou Pedro Sánchez?".

Comentarios