Vitrasa, cinco días xa dunha folga indefinida en defensa dun convenio xusto

A segunda feira comezou o paro indefinido no transporte público de Vigo, convocado polo comité de empresa en resposta ao bloqueo das negociacións do convenio tras 10 meses de contactos

É o primeiro paro indefindo que se convoca nos autobuses de Vigo desde que Vitrasa ten a concesión do servizo, hai 44 anos. A convocatoria da folga é unha decisión adoptada após 10 meses de contactos a empresa segue sen querer asinar o convenio alegando que os resultados económicos lle impiden afrontar o pequeno incremento salarial que demandan os e as traballador@s. O paro indefinido comezou esta segunda feira e chegou despois da convocatoria de tres xornadas de folga en días alternos.

Porén a demanda máis importante ten a ver coa distribución da xornada dos descansos e das vacacións. “O maior problema que temos é a irregularidade dos descansos, xa que hai semanas en que non libramos até o oitavo día”, sinalan desde o coletivo de traballador@s. Piden dous días de descanso semanais e a cambio comprométense a traballar case 20 minutos máis ao día, ademais de pedir a distribución das vacacións en dúas semanas en verán e outras dúas fóra del (25 días laborábeis, pasando os tres días de libre disposición a considerarse feriados).

Entrementres os sindicatos destacan o seguimento da protesta e o apoio e solidariedade d@s usuari@s, desde a empresa sinálase que se manteñen os servizos mínimos habituais para os días laborábeis, cun 40% das frecuencias nas horas punta e do 25% no resto, e a supresión de once liñas.

Comentarios