Whalley, do Lugo, confía no efecto "Anxo Carro" para gañar ao Oviedo

O porteiro e capitán do CD Lugo compereceu en rolda de prensa para expresar a súa opinión sobre o vindeiro encontro contra o Oviedo.
O xogador do CD Lugo Óscar Whalley (Foto: Nós Diario).
photo_camera O xogador do CD Lugo Óscar Whalley (Foto: Nós Diario).

O xogador do CD Lugo Óscar Whalley comparecía onte en sala de prensa para analizar a actualidade do equipo e o vindeiro encontro contra o Real Oviedo fronte aos medios de comunicación. O deportista aragonés destacaba o momento do equipo, convencido das posibilidades de vitoria o domingo no Anxo Carro.

O porteiro sinalaba que "o inicio foi intenso para todos” e recoñecía que lles gustaría “conceder menos, está claro. Estamos a traballar niso para seguir perto dos puntos". 

Como receita aseguraba que "temos que ser agresivos en bloque baixo, xuntar moito as liñas. Se nos superan, necesitamos unha boa defensa de área, tocando marcas e sendo eficaces no despexe". No caso do partido cos asturianos contaba con que “é un partido para dar un paso adiante, e facer o que sabemos.

Demostramos que somos un bo equipo en duelos, en defensa de área, e en carga de portería contraria. É un bo test para seguir crecendo". 

Efecto campo en Lugo

"Temos baixas, mais contamos con xogadores moi capaces que o farán ben”, explicaba o aragonés, “Chris axúdanos moito, é alguén moi forte, e resulta clave para nós", engadía. O tamén capitán do Lugo lembraba que nesta ocasión "xogamos en casa, coa nosa xente, temos que ser fortes.

Hai que facer algo diferente. Polo noso estadio pasa a posibilidade de facer unha boa tempada. Hai que reter os puntos aquí". 

Ademais, o porteiro do Lugo aseguraba ter moita confianza no conxunto e na súa actuación. "A base do equipo é a mesma do ano pasado. Seguimos fortes no que sabemos facer. Tratamos de aproveitar o golpeo longo nos duelos, e coa xente de fóra.

Non cambiou moito o que me piden, quero transmitir todo o que sinto con resultados", sentenciaba.

Comentarios