Viaxes Amarelle e Poio loitarán pola Copa galega infantil feminina de fútbol sala

Este sábado terá lugar a final da Copa Galega Infantil Feminina de Fútbol Sala no Pavillón Municipal San Vicente da Baña (12 horas) entre o Viaxes Amarelle FSF e o ED Poio Pescamar FSF.
infantil_amarelle-poio_24
photo_camera Encontro entre o Viaxes Amarelle e o Poio (Foto: Nós Diario).

O Viaxes Amarelle FSF e o ED Poio Pescamar FSF repetirán final galega aínda que nesta ocasión o premio é o título de copa. Ambos teñen unha cita este sábado no Pavillón Municipal de San Vicente (A Baña) a partir das 12 horas.

O equipo coruñés, dirixido por Manuel del Castillo e auxiliado por Marta Hermo, afronta cun mes de diferenza a final de Copa Galega, e faino buscando conseguir un título, nunha tempada onde até a data só cedeu unha derrota, que precisamente foi a que lle custou o título de liga fronte ao ED Poio Pescamar FSF.

O rival que terán diante as herculinas é un ED Poio Pescamar que finalizou a competición de liga do Grupo Sur na primeira posición da xeral con 24 puntos, cultivados tras sumar 8 vitorias, nos oito encontros que disputou na fase previa de Liga; cun total de 50 goles a favor na súa marcadora, e haber encaixado seis goles en contra. 

Na fase previa do Grupo Sur de Copa, o ED Poio Pescamar FSF finalizou na primeira posición, empatado a puntos co Escola Futsal Morrazo, tras ceder unicamente unha derrota na competición, fronte ao rival co que quedou empatado a puntos, pero a súa maior bagaxe goleadora serviulle  terminar como primeiro.

Igualdade entre ambos equipos 

No duelo que disputaron na final polo título de Liga, viviuse un partido igualado, pero onde a maior efectividade e chegada do cadro podiense, terminou por facerlles conseguir a vitoria, e poñer en complicacións a un Viaxes Amarelle FSF, que non cedera ningunha derrota no resto de duelos que disputou durante a tempada regular. 

Ambos os equipos afrontarán este duelo directo na loita polo título de campión da competición de Copa Galega Infantil Feminina FS e tratarán de sacar un resultado que lles permita sumar un trofeo de campioas, unha tarefa nada fácil para ambos pola igualdade que demostraron en anteriores partidos.

O Poio FS galardoado co Premio San Xoán

O Concello de Poio quixo recoñecer o gran rendemento do  ED Poio Pescamar FSF outorgándolle un dos Premios San Xoán coincidindo co inicio das festas da localidade. O Club xa foi galardoado en tres ocasións con motivo do Subcampionato de España na Copa da Raíña 2020, do ascenso do xuvenil masculino á División de Honra e do título de liga galega do infantil feminino en 2022.

Comentarios