Baloncesto | ACB

Traballado triunfo do Breogán

A escuadra de Lugo venceu por catro puntos en Zaragoza.
Os xogadores do Breo, celebrando a vitoria. (Foto: CB Breogán)
photo_camera Os xogadores do Breo, celebrando a vitoria. (Foto: CB Breogán)

Importantísimo triunfo do Baloncesto Breogán na casa do Casademont Zaragoza (84-88). Veljko Mršić optou por formar de inicio con Bamforth, Brajkovic, Hollatz, Momirov e Nakic, que axiña consolidaron unha mínima vantaxe que foi aumentando co devir do primeiro cuarto, que rematou co marcador do Pavillón Príncipe Felipe mostrando un 20-25 favorábel aos intereses celestes.

Despois da reanudación o Zaragoza tratou -con éxito- de reducir distancias, logrando chegar ao tempo de descanso con empate a 43.

Con todo por decidir, o Breo refíxose e logrou concluír o terceiro parcial por diante do Casademont (62-65), pero a pesar de chegar a ter unha vantaxe de seis puntos o partido finalizou en táboas (79-79). Xa na prórroga, agora si os galegos lograron imporse (88-90).

Comentarios