A tecnoloxía marcará en fútbol o fóra de xogo

A FIFA prepara un cambio revolucionario para o vindeiro mundial de Qatar polas polémicas decisións dos últimos anos.

Un árbitro sinalando un fóra de xogo (Cedida)
photo_camera Un árbitro sinalando un fóra de xogo (Foto: Cedida)

Desde a chegada do árbitro asistente de vídeo (VAR) ao mundo do fútbol a implantación das novas tecnoloxías semella imparábel. Queda lonxe a súa primeira gran cita internacional no mundial de Rusia 2018 até a actualidade.

Mais a polémica non rematou con esta “axuda” para o equipo arbitral en cada partido e seguen a estar de actualidade xogadas de dubidoso control. Un exemplo está nos fóra de xogo, como o que deu a vitoria á selección francesa na última final da Nations Ligue.

Por este motivo a FIFA deu un paso adiante e anunciou que para o vindeiro mundial de Qatar contará con tecnoloxía específica para este tipo de xogada que será a que decida sobre o terreo de xogo.

A idea da FIFA é “deter menos o xogo porque iso é do que se pode culpar ao VAR”, explicaba Wengen

"Debemos seguir avanzando na velocidade da toma de decisións, particularmente en termos de fóra de xogo", explicaba o ex técnico do Arsenal e actual xefe de desenvolvemento da FIFA, Arsène Wenger nunha rolda de prensa en París.

"No Mundial de 2022 estaremos moito máis capacitados para tomar decisións de fóra de xogo moi rápidas”, aseguraba.

A máquina sinalará a infracción

A idea da FIFA é “deter menos o xogo porque iso é do que se pode culpar ao VAR”, explicaba Wengen, “será un impulso emocional real”, engadía.

Aproba o VAR mais recoñece que "hai cousas que deben perfeccionarse” polo que considera que “o próximo gran avance da arbitraxe" será “a automatización” en xogadas como os fóra de xogo.

Comentarios