O Río Breogán de Lugo comeza forte esta tempada na ACB

Luca Brajkovic no partido da xornada anterior. (Foto: Río Breogán)
O equipo galego de Lugo leva dúas vitorias ao inicio desta tempada e é o líder en capturas de balón.

O Río Breogán comezou esta tempada con dúas vitorias, unha na cancha do UCAM Murcia (70-84) e outra na visita do Carplus Fuenlabrada (78-70). Este bo inicio só se repetiu en Lugo noutras tres ocasións: nas campañas 1990-1991, 2001-2002 e 2021-2022.

No caso da tempada pasada, após ese inicio tivo catro derrotas en cinco partidos e se ollamos aínda máis atrás, na 1990-1991, foron cinco as derrotas consecutivas posteriores. Haberá que agardar aos seguintes rivais,  Joventut de Badalona, como visitante, e Gran Canaria xunto con Surne Bilbo Basket, como locais, para rachar coas experiencias anteriores. 

As estatísticas até agora sitúan ao equipo de Lugo como  líder en capturas (41,5) e capturas ofensivas (15), ademais de ser cuarto en capturas defensivas (26,5).

Na súa zona tamén colleita bos resultados. Dos seus 70 erros en tiros até agora, 30 veces (42,8%) quedaron co rebote en ataque para una segunda oportunidade, chegando case a ter  nos casos do UCAM Murcia (19 a 14) como diante do Carplus Fuenlabrada (21 a 16) tantas capturas ofensivas como defensivas do seu rival. 

Segundo equipo que menos puntos encaixa

O equipo de Mrsic é o segundo que menos puntos encaixou até o momento (140), só por detrás dos 137 do Lenovo Tenerife. Os seus dous rivais até a data conseguiron realizarlle a mesma cantidade de puntos: 70. Curiosamente, o equipo galego é, tamén, o conxunto que máis canastras de dous puntos sumou neste inicio de competición, 22 por encontro.

Esquecido o soño europeo no seu momento ao caer en Belgrado (Serbia) na previa da Liga de Campións diante diante do FMP Meridian, sentoulle ben ao do Breogán centrase na competición estatal.