O Obradoiro cae en Girona cunha canastra a dúas décimas do final

O equipo galego suma oito derrotas consecutivas na liga.

Un momento do partido entre o Bàsquet Girona e o Monbus Obradoiro (Foto: MO).
photo_camera Un momento do partido entre o Bàsquet Girona e o Monbus Obradoiro (Foto: MO).

Unha canastra cando faltaban dúas décimas para o final, despois dunha gran defensa na que até por dúas veces estivo a piques de roubar o balón, deixou sen sétimo triunfo na tempada 2023-2024 da liga Endesa ao Monbus Obradoiro, que caeu 78-77 na pista do Bàsquet Girona.

Tivo un gran arranque o conxunto compostelán, que mostrou equilibrio na pista entre o seu ataque e o seu defensa para abrir unha brecha importante que alcanzou rapidamente a decena de puntos.

Durante a maior parte da primeira metade, a distancia mantívose, até que un parcial de 8-0 nos instantes previos ao descanso apertou o marcador.

Perda de acerto

Perdeu acerto no terceiro período o Obradoiro, o que lle levou a ter que remar con desvantaxe por primeira vez no choque.

Pelexou e non deu o brazo para torcer. Foi capaz de pórse por diante con só 24 segundos para o final, pero unha canastra con dúas décimas no cronómetro, tras unha gran defensa, impediulle volver de Girona con triunfo.

Comentarios