Que fai a lenda do boxeo Mike Tyson cunha bandeira galega?

A Galiza coouse na última convención do Consello Mundial de Boxeo.
Maike Tyson posa coa bandeira galega. (Foto: Federación Galega de Boxeo).
photo_camera Maike Tyson posa coa bandeira galega. (Foto: Federación Galega de Boxeo).

"Mike Tyson apoiando o boxeo galego!". A Federación Galega de Boxeo saca peito nas súas redes sociais do xesto de Mike Tyson coa bandeira galega.

A lenda do boxeo mundial participou estes días na convención número 61 do Consello Mundial de Boxeo, que decorreu en Tashkent, Uzbekistán.

Alí tamén estiveron presentes membros da delegación galega que, grazas á mediación de Mauricio Sulaiman, presidente do Consello Mundial de Boxeo (WBC, polas súas siglas en inglés) tiveron a oportunidade de capturar esta fotografía de Tyson coa bandeira galega.

Símbolo e recoñecemento

A imaxe recoñece o boxeo galego mais tamén a dan a coñecer o mesmo día que culmina a campaña de Vía de Galega para enxalzar os símbolos da Galiza.

"Mike Tyson é galego", escribiu no pé de foto o presidente da Federación Galega de Boxeo, Manuel Planas poucas horas despois de recoller un premio á súa carreira deportiva.

Seu irmán, o adestrador Chano Planas, foi parte da comitiva que se encontrou con Tyson en Uzbekistán, onde impartiu un curso de vendaxa no marco da convención internacional de boxeo.

Comentarios