Maximus, mascota do Breogan, ás semifinais do 'Baile de Mascotas' da Liga Endesa coa música das Tanxugueiras

Busca reeditar o título que xa conseguiu de xeito compartido coa mascota do Valencia Basket en 2019.
Coa forza de Maximus, o Breogán buscará un novo triunfo europeo en Riga. (Foto: Río Breogán)
photo_camera Maximus, mascota do Río Breogán. (Foto: Río Breogán)

Maximus, a mascota do equipo de baloncesto Río Breogán, clasificouse para as semifinais do 'Baile de Mascotas' da Liga Endesa, grazas a un baile inspirado na canción 'Terra' das Tanxugueiras.

A propia liga informou nas súas redes sociais que a mascota lucense impuxérase no seu cruce de cuartos de final a Dino, do Hereda San Pablo Burgos.

Maximus recibiu 65,5% dos votos, por 34,5% de Dino. A votación, ao igual que o resto da competición, tivo lugar nas contas de Twitter e Instagram da Liga Endesa.

Nos oitavos de final, a mascota do Río Breogán xa lle gañou a Garras, da Minicopa Endesa. Agora espera rival nas semifinais,nas que Maximus loitará por pasar á final e poder revalidar o título que compartiu en 2019 con Pam, a mascota do Valencia Basket.

Reacción nas redes sociais

A mascota recibiu o apoio e cariño dunha gran parte dos seareiros do Ró Breogán e dos amantes do baloncesto galego.

As prospias Tanxugueiras mostraron ese apoio a Maximus. En Twitter, o popular trío comentou "Máximus, querémoste!", ao que este respondeu "sodes top,Tanxugueiras! Non podo parar de bailar con 'Terra'!".

Despois desta interacción, foron varias as peticións á dirección do Río Breogán para que leven a actuar as Tanxugueiras ao Pazo, nun concerto connxunto con Maximus. 

Comentarios