Federación Galega de Fútbol recoñece contactos con Costa Rica e Paraguai para o retorno da selección galega

O presidente da Federación FGF, Rafael Louzán, condiciona o regreso da ‘Irmandiña’ á dispoñibilidade económica.

SELECCION GALEGA FÚTBOL IRMANDIÑA

O presidente da Federación galega de Fútbol (FGF), Rafael Louzán, recoñece contactos coas seleccións de Costa Rica e Paraguai para intentar pechar un partido coa selección da Galiza. Mesmo apuntou que mantén contactos con Berizzo, ex adestrador do Celta e actualmente en Paraguai,  neste sentido.

A volta da ‘Irmandiña’, iso si, estará condicionada á dispoñibilidade de cartos, como tamén apuntou o propio Louzán. O presidente da FGF fixo estas declaracións nun encontro en Vimianzo organizado polo Comité de Adestradores e no que, entre outros, estivo presente Fernando Vázquez, treinador do Deportivo, e que lle lembrou a Louzán o incumprimento da “promesa” ao chegar ao cargo na FGF de recuperar con normalidade os partidos da selección galega.

En 2005 reparábase a anomalía histórica de que Galiza fose a única nación do Estado sen selección propia, pero o PP, nada máis chegar á Xunta en 2009, eliminaba unha cita que nunca sentiu como propia. A 'Irmandiña' só volvería en en 2016 ante Venezuela.

Comentarios