Esta última xornada da Liga Atlántica de Billarda en Eirís (A Coruña), Campo da Feira, fíxose cunha vitoria apurada, mais merecida. Porén, APB deu un salto de calidade e vaille disputar o título ao equipo de Paiosaco. Billardeiros Musicais quedou a dous puntos do gañador e Cochiqueiros a seis puntos.
Nunca antes se presenciaran catro equipos a seis puntos. No caso de Campo da Feira, o equipo tirou de recursos pouco habituais e Charli liderouno con 20 puntos. A ausencia de Óscar Ponte e a mala xornada de Juan Carlos, fixeron que tivera que sumar Enrique (13), Abel (13) e Xulio (11).
No resto de participantes, APB tivo a vitoria nas mans, mais non a aproveitou. Polo equipo da Laracha sumaron Lito (15), Roi (15), Cotelo (14) e Collazo (12). Billardeiros Musicais, pola súa parte, clasificou a tres xogadores para a fase de cruces mais todos quedaron eliminados no primeiro.
Polo tanto, sumaron Daniel (17), Félix (13), Tejero (13) e Manu Pozo (12). Cochiqueiros mantivo o tipo grazas ao liderado incuestionábel de Abel Regueiro.Filloas de Sangue, por último, defendeuse esta xornada. Sumaron puntos, para este equipo, Miranda (12), Valentín (11), Gándara (8) e Josecho (8).
Clasificación final
Na clasificación final, categoría absoluta, Charli Varela de Campo da Feira de Paiosaco gañou a xornada cunha actuación maxistral. Segundo foi Xan Rodiño de Lúa de Forza Sanxenxo e terceiro Lito Pena de APB A Laracha.
Na categoría feminina venceu Geni de Billardeiros Musicais de Ribadeo, segunda foi Marisa de Lúa de Forza e terceira Aroa de Billardeiros Musicais.
Na categoría infantil, o gañador foi Valentín de Filloas de Sangue da Coruña, segundo foi Lucas de Campo da Feira e terceiro Óscar García de Cochiqueiros.